I Feira Feminista de Outono

Data: 
Sat, 28/10/2017 - 12:00
Local: 
Praza 8 de marzo - Ribadeo - Galiza

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza a 1 Feira Feminista de Outono, o día 28 de outubro en Ribadeo. Unha xornada onde converxen proxectos do ámbito social e cultural (audiovisual, músicas e versos) con perspectiva de xénero que se están desenvolvendo en Galiza.

O programa comezará sobre as 12 da mañá na Praza 8 de marzo de Ribadeo e terá por escenario múltiples espazos da vila, desde o Cine Teatro ata a Oficina de Turismo, pasando por algúns locais colaboradores nos que terán lugar Vermús con versos feministas.

evento: https://www.facebook.com/events/1096865387115259/