Que sabes da insumisa? Xornada contrainformativa

Data: 
Sat, 21/10/2017 - 11:30
Local: 
Cso A Insumisa - Avda Metrosidero 8 - Corunha

Ante a posibilidade de que o espazo sexa desaloxado pola inminente adxudicación da obra, e ante o asedio mediático dos xornais galegos, vos porpoñemos coñecer unha vez mais o que acontece na Insumisa de primeira man.

Esperámosvos coas portas abertas, como sempre, e animándovos a convidar a familia, amig@s ou veciñ@s, por que non?

Temos organizada unha xornada completa de xogos, con mesas de colectivos galegos, unha mostra de actividades e obradoiros do centro, unha subasta de arte solidaria e unha palestra de presentación (de primeira man) do libro dun dos líderes do movemento pro confederalismo democrático no Kurdisán.

Ademáis contaremos cos concertos de Bento Veloso, Bonito Collar e en exclusiva, ainda que con magoa, o derradeiro concerto dos coruñeses The Fulans.

Entra en www.ainsumisa.wordpress.com para coñecer os horarios e programa completo.

evento: https://www.facebook.com/events/1963414260592578/