Apresentação da Axenda Feminista 2018 do Observatorio da Mariña pola Igualdade

Data: 
Sat, 16/12/2017 - 12:00
Local: 
Libraría de Mulleres Lila de Lilith - Rúa Travesa nº 7 - Santiago de Compostela

Axenda Feminista 2018 do Observatorio da Mariña pola Igualdade.

Como ven sendo habitual por estas datas, o Observatorio da Mariña pola Igualdade ultima a Axenda Feminista 2018 que xa vai pola súa oitava edición e que, un ano máis, escolle a 12 mulleres para protagonizala.

En edicións anteriores a Axenda Feminista escolleu como protagonistas a galegas dedicadas á música, á escrita, ao teatro, á poesía, á ciencia e ás labregas en leiras de mar e de terra.

Neste ano 2018 a temática da Axenda Feminista 2018 será desvelada nas presentacións da mesma que serán:

– o venres 15 de decembro, ás 20,00 h na libraría Porta da Vila en Viveiro
– o sábado 16 de decembro ás 12,00 h na libraría Lila de Lilith en Santiago de Compostela.

A Axenda Feminista 2018 mantén o formato do ano anterior: tamaño A5, tapa branda, goma para pechala e unha cinta para marcar a páxina desexada. O deseño das tapas correu a cargo da deseñadora Abi Castillo.

O prezo da axenda son 14 euros (ás persoas socias o Observatorio lles financiará unha parte, quedando a axenda a un prezo reducido para el@s de 12 euros) e poderase atopar nos seguintes puntos de venta:

• Ribadeo: Libraría Casa das Letras.
• Foz: Libraría Bahía.
• Burela: Libraría Espacio Lector Nobel.
• Viveiro: Libraría Porta da Vila.
• Vilalba: Libraría O mundo de Suevia.
• Lugo: Libraría Trama.
• Sarria: EcoEspazoVitriol.
• Santiago de Compostela: Libraría de mulleres Lila de Lilith.
• A Coruña: Livraria Suévia.
• Arzúa: Papelería Cartafol.
• Vigo: Libraría Andel.
• Allariz: Aira das letras.
• Pontevedra: Libraría Paz.

Agradecemos máxima difusión neste senlleiro proxecto feminista.

https://www.facebook.com/observatoriomarinhaigualdade/