Proxección: The Antifascists

Data: 
Thu, 25/01/2018 - 20:00
Local: 
Ateneo Libertario Xosé Tarrío - Rúa La Paz Nº16, baixo (barrio dos Mallos) - A Coruña

É innegable que nos últimos anos o fascismo comezou a resurxir por distintas partes do globo. En España podemos ver exemplos coma a escoria de Hogar Social Madrid, concentracións "españolistas" a raíz do asunto de Cataluña con bandeiras franquistas ou agresións (como o nazi que agrediu ao compañeiro Rodrigo Lanza, entre outras que non reciben tanto bombo nos medios).

The Antifascists, que saíu hai cousa dun mes, céntrase no movemento antifascista de Grecia (onde alzouse o partido neo-nazi Amencer Dorado) e Suecia (en Estocolmo no 2013 un grupo de nazis atacou unha manifestación pacífica deixando a varias persoas feridas, ou na cidade de Malmö o activista Showan Shattak é atacado por un grupo de nazis con navallas e termina en coma). O documental explorará con figuras clave do movemento antifascista as posturas radicais de dito colectivo (é dicir, que van á raíz do conflicto, importante lembrar esto por moito que queran desprestixiar este termo) e reflexionarase sobre os seus niveis de violencia e militancia á par que nos informarán sobre a situación dos grupos fascistas/neo-nazis/nazis nas súas cidades.

Este xoves ás 20:00

Duración: 1h 15min

Versión orixinal subitulada en castelán

Entrada de balde!

evento: https://www.facebook.com/events/390243891402488/