Degustación Intercultural Solidaria

Data: 
Sat, 24/03/2018 - 20:00
Local: 
CS A Comuna - Verea do Polvorín 35 - Monte Alto- A Coruña

Porque na diversidade esta o gusto¡

Como acto final ás actividades realizadas con motivo do 21 M Dia Internacional contra a Discriminación Racial, queremos crear este espazo de encontro onde a través da gastronomía e a música podamos gozar e achegarnos mais á riqueza da diversidade que ten a nosa cidade.

Compañeiros e compañeiras de SOS Racismo Galicia, cociñarán aperitivos típicos dos seus países de orixe (Siria, Marrocos, Nixeria, Senegal e Uruguai) e compartirán con todas nós a degustación destes, e cun pouco de sorte, as receitas ;).

Prezo suxerido: 8€

Dispoñeremos de menú vegano para aquelas persoas que o soliciten.

Lembrarvos, que por cuestións organizativas e de consumo responsable, necesitamos que hagais vosa reserva antes do Xoves 22 ás 14:00 h

evento: https://www.facebook.com/events/174365776538909/