Cinefórum DiversXs

Data: 
Fri, 16/03/2018 - 20:30
Local: 
A Cova dos Ratos - Rua Romil, 3 - Vigo

Cinefórum Diversxs: Actividade de balde organizada por a Asociación Nós Mesmas coa colaboración da Cova dos Ratos. Unimos sinerxías para ofrecer un espazo, unha vez ó mes, onde proxectar filmes diversxs e poder comentar nun coloquio posterior.

Este mes proxectamos o filme "The world unseen" protagonizada por Lisa Ray e Sheetal Sheth, actrices que tamén protagonizaron o filme de temática lésbica I can´t think straight.

Nesta cinta a historia ocorre na Sudáfrica do Apartheid, nun momento marcado polo racismo. Miriam (Lisa Ray) é unha nai hindú tradicional: traballadora e modesta. Amina (Sheetal Sheth) rompe todas as regras o abrir un café xunto a un home de raza negra do lugar.

evento: https://www.facebook.com/events/507950742932633/