Xornadas Antiespecistas en Lugo

Data: 
Fri, 27/04/2018 - 18:00
Local: 
Ateneo Libertario A Engranaxe - Rúa Río Sil, 52 - Lugo - Galiza

Dende o Ateneo Libertario Engranaxe, xunto a outrxs compas, organizamos as seguintes xornadas antiespecistas en Lugo para os días 27, 28 e 29 de Abril; con charlas, debate, proxeccións, xantar veganos, sesión vermú e concertos, dende onde se achegarán xente e proxectos de Compostela, Vigo, Sarria, Vilalba, etc.

Programa:

VENRES 27:

⏺️ 18:00 "O Cubo da Verdade": acción de rúa na Praza Maior (diante do Círculo das Artes) organizada por Anonymous for the Voiceless. O Cubo da Verdade realizado xa en varias cidades a nivel internacional consiste nunha performance artística e de concienciación antiespecista. Se estás interesadx en participar de voluntarix escribe un email a contactoavlugo [em] gmail [dot] com. Evento ➡️ Cube of Truth: Lugo: April 27th

SÁBADO 28:

⏺️ 12:30 Presentación de Huellas de Sarria e O Legado de Patri. Fogar Felino. Huellas de Sarria é unha pequena protectora autoxestionada “en procura constante dunha vida moi cadela para cada un/ha dxs peludxs”; que compartirá mesa xunto ao Legado de Patri de Lugo, a historia dun fogar felino.

⏺️ 14:00 Petiscos veganos + concerto de Laura LaMontagne ft. El Espíritu Santi. Laura LaMontagne é unha cantautora antiespecista que acompañará a súa actuación con material audiovisual animalista.

⏺️ 16:30 Videoforum: Trala máscara, sobre o A.L.F. (documental sobre o Fronte de Liberación Animal) e posterior debate sobre as liñas estratéxicas da loita antiespecista.

⏺️ 19:00 “En defensa dxs animais: da teoría á práctica”, por Olaia Freiría, portavoz de Ética Animal. Por que debemos ter en consideración ao animais e que podemos facer para axudalxs.

⏺️ 20:30 “Proceso de represión no movemento de defensa dxs animais no estado español”, por Olaia Freiría, activista antiespecista. Rememorando o proceso represivo do Movemento de Defensa dos Animais no estado español do 2011, que supuxo a detención de 12 activistas antiespecistas.

⏺️ 21:30 Cea vegana e convivio: 2 pratos + bebida. Reserva para vir escribíndonos a través do formulario, o email ateneo_a_engranaxe [em] gmx [dot] es ou o Facebook. Prezo económico: 6€

DOMINGO 29:

⏺️ 13:00 Videoforum: Empatía. Un documental que narra a historia sobre o respecto animal contada por un ‘escéptico' que pretende concienciar sobre a realidade dxs animais e os hábitos de consumo diario da poboación.

⏺️ 14:30 Petiscos veganos.

⏺️ 16:00 “Vínculos entre o antiespecismo e o feminismo”, por Espazo Vegafeminista de Vigo. Obradoiro que analizará os vínculos entre dous sistemas de opresión con moito en común: o patriarcado e o especismo. O enfoque en Espazo Vegafeminista é interseccional e darán visibilidade á necesidade de que o antiespecismo e o feminismo tendan pontes. Tamén presentarán unha guía para evitar o sexismo no movemento antiespecista, editada polo propio colectivo. Analizarán, en definitiva, a masculinidade hexemónica vinculada á explotación e a violencia cara as mulleres e animais; cuestionando ese modelo e propondo un antiespecismo feminista como camiño de futuro.

⏺️ 18:00 Presentación do Frente L.A. Santuario Animal de Vilalba. O Frente L.A. Santuario Animal é “un fogar destinado a aqueles animais que foron discriminadxs ou maltratadxs pola sociedade”, e onde poden atopar “a liberdade que deberían ter e proporciónaselles todos os coidados que necesitan para levar unha vida saudable e feliz”.

Ademais haberá unha exposición fotográfica, stands e fanzines con temática antiespecista. Sortearemos tamén unha cesta de produtos veganos e ecolóxicos da tenda Cova do Raposo (onde se localizaba a Cova da Terra).

E se es de fóra de Lugo e queres colaborar difundindo as actividades accede ao cartel, descárgao e fai pegada pola túa cidade!! Descarga o cartel no seguinte linkt listo para imprimir en DinA3 ➡️ https://bit.ly/2IPDZyI

evento: https://www.facebook.com/events/171104076923021/