Proxección do documental "Escenas da Loita de Clases en Portugal

Data: 
Sat, 21/04/2018 - 19:30
Local: 
CS A Comuna - Verea do Polvorín 35 - Monte Alto- A Coruña

Da memoria do 25 de abril, día da Revolução dos Cravos, gardamos imaxes de unión popular e liberdade contra a ditadura. Mais a memoria é unha maraña de moitos fíos que temos o deber de desenguedellar para podermos construír o presente. Por iso, honrando o lema de Zeca Afonso “O povo e quem mais ordena”, o próximo sábado 21 de abril ás 19:30h proxectaremos Escenas da loita de clases en Portugal (Scenes from the Class Struggle in Portugal, 1977), película documental dun dos cineastas máis queridos por nós, Robert Kramer, en colaboración con Philip J. Spinelli.

O filme é o testemuño dos días e meses seguintes ao 25 de abril, evidenciando a cara B dunha historia de loitas que nos interpela directamente e que ten resonancias coa historia doutros moitos lugares.

evento: https://www.facebook.com/events/238228203390611/