CSA do Sar apresenta: Carne blanca / World Rally Boys / Tedio

Data: 
Thu, 08/11/2018 - 20:00
Local: 
CSA do Sar - Rúa Curros Enriquez nº 28 - Compostela

CONCERTAZOS + CEADOR 100% VEGANO RICO RICO
20:00 // CSA DO SAR (O MELLOR ZULO DE COMPOSTELA) // DE BALDE!!

Nesta maravillosa tarde-noite que caerá o día 8 de novembro temos unha excepcional oportunidade para refrescar as nosas gorxiñas (ás que sempre lles ven ben) ao ritmo dun diverso bailoteo que non nos podemos perder!

Carne Blanca (electrónica experimental)
Sergio nos mandos instrumentais e Corbi na voz coa súa visceralidade no relato cantado. Exploran os mundos da electrónica industrial-ambiental, onde podemos cheirar as bandas tan queridas como Suicide, Rober Waytt, Nico, Tim Buckley, Can e Neu! A súa misión principal é mergullarte nun ciclón de son, para así susurrarche ao oídoos relatos da vida, mentres andas metido nun mantra de ritmo que non che deixa parar.

World Rally Boys (rock psicodélico electrónico)
Rally ou morte, iso é World Rally boys, as súas referencias van dende spacemen 3, pasando por suicide, Aphex twin ou Brian Jonestown Massacre. Eles son Mack (Guitarra, voz e armónica) e Zarpa (voz, caixa de ritmos e sinte analóxico). Soltan loops de electrónica cacharrera mesturados con hipnóticos riffs de guitarra.
Todo Victorias cero derrotas.
Líderes de escudería.

Tedio (acústico)
Mítico Bombín, chorando porque non lle queda tomate solís pos macarrós!!!

Esperámosvos con moitas ganas e a neveriña chea. Traede moita enerxía!!

evento: https://www.facebook.com/events/2200403483577724/