Nós paramos

Nós hoxe, 8 de marzo, tamén paramos. Porque nos sobran as razóns.

Decidimos lanzar un novo programa de A Resistencia do Dedo Medio non como unha celebración senón como un xeito de participar no paro internacional convocado para hoxe. Nós paramos, participando nas accións convocadas na nos contorna, facendo folga de traballo e de consumo e contribuíndo á difusión do feminismo.

Mentres paras ou calquera outro día podes escoitar o novo programa. Esperamos que vos guste. Hoxe, e sempre, avante a loita feminista!

https://archive.org/details/NsParamos

Neste novo programa charlamos co Sara Leão, unha das organizadoras do Festival Feminista de Porto, que nos contou cómo se está a desenvolver esta proposta que enche de feminismo a cidade. Alén de asistir a calquera das actividades que están a organizar durante todo o mes, podedes participar no sostemento material desta iniciativa a través do crowfunding que teñen aberto para pagar as axudas de custo das participantes.

https://aresistenciadodedomedio.wordpress.com

Galeria
Nós paramos

Comentários

Submeter um novo comentário

O conteúdo deste campo é privado e não irá ser exibido publicamente.
CAPTCHA
Esta pergunta serve para confirmar se és uma pessoa ou não e para prevenir publicaçãos automatizadas