CSO Insumissa violentamente despejado

«A máquina de triturar utopias devorou um Centro Social»:
O governo cidadanista e ó-tão-de-esquerda da Corunha (Marea Atlántica) fez-nos o favor de demonstrar o carácter cosmético do tudo muda para que tudo fique igual.

Não há insulto que me chegue para abrandar a raiva. Fica o comunicado da CSO A Insumisa.

Solidariedade!

:::

Ante os feitos acontecidos onte queremos difundir o seguinte comunicado:

Xa é un feito. O suposto "goberno do cambio" da Coruña desaloxou o Centro Social Okupado A Insumisa. E non só se saltaron a legalidade vixente e as máis mínimas garantías democráticas (pois foi un día antes de expirar o prazo estipulado) se non que ademais o fixeron pola forza. Non coa mínima imprescindible, nin moito menos, senón con sadismo e crueldade. Gas pementa, porrazos, contusións, cóbados esnaquizados, fendas na cabeza (de ata 9 grampas)... a nova política. E non so foron os antidisturbios, non, esta vez non poderán excusarse con iso; foi a policía local, xente ás súas ordes, os seus subalternos, os seus esbirros, o seu brazo armado. Se que agora dirán, como xa fixeron outros antes ca eles, que a culpa é nosa, que nós comezamos, que a policía só se defendeu... mais saben que minten. Saben perfectamente quen bateu primeiro e, aínda que agora pretendan enganar á xente, como antes facía a "vella política", tanto nós coma eles sabemos a verdade. Mais non contan con que ao pobo consciente e organizado tampouco poderán enganalo.
Marea Atlántica son directamente responsables da represión e da violencia. Máis aínda que os lacaios que empuñaban as porras que eles ordearon desenfundar. Algún día terán que respostar por esta infamia.

Por fin o acadaron. A máquina de triturar utopías devorou un Centro Social: unha sala de concertos, un skate park gratuíto, un ximnasio autoxestionado, un local para charlas e talleres, unha biblioteca, unha horta, unha cociña popular e vegana... fonte de financiamento de causas solidarias e ferramenta imprescindible dos Movementos Sociais. Aniquilaron unha okupa, libre e asemblearia, que cuestionaba cos seus actos e a súa mera existencia o capitalismo, a especulación e a propiedade privada. Pero que lle importará iso á "nova política"? Que é iso da autoxestión e o dereito a teito? Parece que a eles preocúpanlles máis o poder e as mansións de 600.000 euros.

E o máis patético de todo é que pretenden vender a destrución dun espazo liberado por medio da máis descarnada forza bruta como unha conquista social e unha recuperación do público. Que hai máis público que un Centro Social aberto no que todas poden decidir de xeito igualitario por medio dunha asemblea libre e desxerarquizada? O fantasmagórico enxendro de Naves de Metrosidero non é máis que unha burda farsa coa que Marea Atlántica pretende cavar baixo os nosos pés. Socavar o noso apoio devorando un proxecto social para regurxitalo logo teledirixido baixo o seu control. O tempo poñerá a cada quen no seu lugar.

Mais ao pobo consciente non se lle engana tan sinxelamente. E moito menos despois de amosar a súa verdadeira natureza autoritaria e represora. As mans manchadas de sangue non son tan doadas de ocultar. Caéronse as caretas e os sorrisos hipócritas e os discursos baleiros xa non poderán devolvelas o seu sitio.

Nós seguiremos resistindo. Seguiremos abrindo espazos de liberdade e autoxestión para defendelos tras dos seus muros e nas rúas do autoritarismo e a represión. Non renunciaremos a soñar cun mundo mellor nin a loitar por conseguilo. Sabemos que para cambiar o mundo non basta con desexalo con forza nin proclamalo na internet, fai falla o compromiso e a decisión de tomar as rúas cando o require a ocasión. Sabemos que ao noso caròn estarán as solidarias, as rebeldes, as soñadoras e as que aínda non se renderon. Ven connosco a achegar un pouco máis a utopía á realidade.

Un desaloxo, outra okupación!

Se tocan a unha, tócannos a Todas!!!

Vémonos nas rúas.

*ESTADE ATENTAS A VINDEIRAS CONVOCATORIAS*

https://www.facebook.com/ainsumisa/posts/2091645451081618

Comentários

Opções de visualização dos comentários

Seleccione a sua forma preferida de visualização de comentários e clique "Guardar configuração" para activar as suas alterações.

Submeter um novo comentário

O conteúdo deste campo é privado e não irá ser exibido publicamente.
CAPTCHA
Esta pergunta serve para confirmar se és uma pessoa ou não e para prevenir publicaçãos automatizadas