[CSO A Insumisa] EsCULcA reitera solicitude de información ao Concello da Coruña sobre operativo A Insumisa

Con data 7 de agosto, EsCULcA rexistrou nova solicitude de información ao Concello da Coruña sobre as actuacións policiais desenvolvidas pola Policía Local e a Policia española no pasado mes de maio no despexo das instalacións da Comandancia de Obras, onde tiña a súa sede o C.S.A. A Insumisa. O Observatorio requere o esclarecemento de algúns aspectos que na resposta recibida do Concello (rexistro de saída 28.06.2018) aparecen no seu entender incompletos e mesmo incoherentes.

A anterior solicitude de EsCULcA (23.05.2018) foi respondida polo Concello mediante oficio (28.06.2018) en que non consta autoridade ou funcionario/a asinante alén dunha xenérica antesinatura de Coordinación de Seguridade Cidadá. Con este oficio xúntase un Informe de la Jefatura de la Policía Local, asinado polo Xefe Accidental da Policía Local, en que o observatorio detecta falta de precisión e mesmo certas incoherencias que entende deben ser esclarecidas para evitar interposición de recurso perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.

Por estas razóns EsCULcA reitera a solicitude de entrega de copia do Regulamento de Organización Interna e Funcionamento da Policía Local da Coruña. No informe recoñécese a existencia dun regulamento dos anos 80 e a aplicación residual do mesmo (non consta que teña sido derrogado) mais non se envía.

No informe tamén se recoñece non existiren instrucións operativas para a utilización de Defensas, Sprays de autodefensa e outros, alén das disposicions da lei orgánica de aplicación xeral a corpos policiais, mais sinálase que portan esas defensas extensibeis seccións como as de ciclistas, motoristas, en servizo á paisana ou en operativos en que se estima oportuno. EsCULcA solicita do órgano político con competencias na materia no Concello que determine a que seccións pertenecen os policías locais que portaban defensas extensibeis na actuación obxecto da información requerida. E sendo o caso -de estimarse que era oportuno que portasen defensas extensibeis-, determine que órgano foi o que así o estimou.

Por outra parte, visto que, segundo se sinala no informe, non hubo instrucións operativas escrita por órgano político, EsCULcA solicita se proceda a aportar transcripción das ordes verbais relativas a referida actuación. Caso o Concello denegar esa información, como parece insinuarse no informe, se dite resolución motivada con base nas causas de denegación que prevé a lei de transparencia e por órgano con competencias para a devandita denegación, porque estima este Observatorio que tal decisión non é ou non debe ser policial.

Á vista do exposto no informe, e dado que se sinala non petición escrita de colaboración da policia nacional pola concelleria competente a seguir as peticións verbais formuladas pola policia local da Coruña á Subdelegación de Goberno, Delegación ou Comisaría da Policía Nacional, EsCULcA solicita que se proceda a aportar transcripción da petición telefónica con expresión da hora e identificativo do telefonema.

http://esculca.gal/esculca-reitera-solicitude-de-informacion-ao-concello...

Comentários

Submeter um novo comentário

O conteúdo deste campo é privado e não irá ser exibido publicamente.
CAPTCHA
Esta pergunta serve para confirmar se és uma pessoa ou não e para prevenir publicaçãos automatizadas